Quickribbon Crónica do Concerto en Pontedeume - O Concerto do Temporal. | Coro Polifónico de Entenza

BIENVENIDOS A NUESTRA PÁGINA

Somos un Grupo de Salceda de Caselas (Pontevedra) entusiasta de la música polifónica.
Nuestro objetivo es el enriquecimiento musical y humano facilitando el encuentro con grupos de Galicia , España o Portugal .Además de participar en bodas u otras celebraciones de carácter lúdico, religioso o benéfico.

Busca aquí las entradas por fecha.

domingo, 14 de noviembre de 2010

Crónica do Concerto en Pontedeume - O Concerto do Temporal.

Sen dúbida o concerto de onte pasará a historia como o "Concerto do Temporal". Temporal de choiva o que tivemos onte en Pontedeume que ocasionou que a fermosa Igrexa de Santiago non chegara ao cheo.
Abofé que a climatoloxía quixo colaborar con concerto a sabendas de que ao remate do mesmo habería  unha interpretación conxunta da "Canción do temporal" .Interpretación que dirixiu con moita maña o noso director  Javier Alonso Pérez .Para de seguido interpretar conxuntamente  O Canteiro que dirixiu con oficio Xosé Paz Fernández, director da Coral Polifónica Eumesa.
Foi un excelente concerto cheo de sensibilidade onde os tres coros participantes amosaron o seu traballo e adicación e que o respetable tivo a ben  premiar con fortes e longos aplausos.
O Festival de Santa Icia que onte organizou a Coral Polifónica Eumesa e que forma parte da V Mostra de Corais  patrocinada pola Xunta de Galicia e Fecoga, deixou certamente moi bo sabor.
Dende esta páxina expresamos a nosa felicitación as corais que nos acompañaron ;a Coral Polifónica Bergantiños de Carballo ea  Coral Polifónica Eumesa de Pontedeume.Así mesmo agradecemos a coral anfitriona a súa acollida. Parabens para eles.



Un momento da actuación da Coral Polifónica de Bergantiños.
A Coral Polifónica Eumesa en acción.
 O noso coro agardando o director.
 Agasallo.
 O noso coro a piques de escomezar.
 A Coral de Bergantiños.

 A Coral Polifónica Eumesa.

 As tres formación cantando " A Canción do Temporal".

0 comentarios: