Quickribbon Coro Polifónico de Entenza

BIENVENIDOS A NUESTRA PÁGINA

Somos un Grupo de Salceda de Caselas (Pontevedra) entusiasta de la música polifónica.
Nuestro objetivo es el enriquecimiento musical y humano facilitando el encuentro con grupos de Galicia , España o Portugal .Además de participar en bodas u otras celebraciones de carácter lúdico, religioso o benéfico.

ÚLTIMA HORA

****A PIQUES DE FACER O NOSO PRIMEIRO DVD.SI QUERES UN , CONTACTA CONNOSCO.**

Busca aquí las entradas por fecha.

miércoles, 22 de junio de 2016

CRÓNICA DO CONCERTO EN LIRA

             Abofé que  o auditorio da Casa de Cultura de Lira quedouse pequeno para acoller o III Concerto de Corais de Primaveira.Foi unha fermosa tarde de domingo na que as corais de Torneiros e Lira amosaron a súa progresión cun repertorio variado.A nosa actuación estivo marcada pola ausencia de  15 compoñentes , aínda así amosamos oficio para facer un concerto sin atrancos.A sopresa final veu dada pola actuación do Coro Passionato de Tomiño, onde os rapaces fixeron un concerto que foi moi aplaudido.
             Agradecemos a Coral Lira  o ternos convidado e a súa atención.
Coral Agarimo de Torneiros

Nos a piques de entrar ao auditorio

Coral Fogar de Breogán de Lira

Coro Passionato de Tomiño

martes, 14 de junio de 2016

III CONCERTO DE CORAIS DE LIRA

          O vindeiro domingo 19 de xuño as 7 da tarde participaremos no III CONCERTO DE CORAIS DE LIRA,que se celebrará na Casa da Cultura de Lira.Connosco estarán a Coral Polifónica Agarimo de Torneiros e a Coral Fogar de Breogán de Lira, organizadora do evento.
CASA DA CULTUA DE LIRA

domingo, 12 de junio de 2016

CRÓNICA DO IV FESTIVAL DE CORAIS E PRIMAVEIRA

              Bo concerto o celebrado onte na Igrexa do Carme en Moaña.Catro grupos que amosaron o seu traballo e ofreceron un repertorio variado, onde non faltarón as habaneiras,temas populares ou música sacra.
              O numeroso público manifestou con fortes aplausos a sua compracencia.O concerto finalizou ca interpretación conxunta do Himno Galego a entrega de agasallos e uns xenerosos pinchos.
              Expresamos o noso agradecemento a Coral Chorima , pola súas atencións.
    
Coral Polifónica Moañesa


Coro Chorima

Entrega de agasallos

Igrexa do Carmen

Nos a piques de actuar.
Coro de Mulleres de Vilaboa - A Coruña

miércoles, 8 de junio de 2016

IV FESTIVAL DE CORAIS DE PRIMAVEIRA



             O sábado 11 de xuño as 21 horas participaremos nos IV Festival de corais de primaveira que se celebrará na igrexa de Nosa Sra. do Carme en Moaña.Compartiremos concerto con:
  • Coral de Mulleres de Vilaboa de Culleredo - A Coruña.
  • Coral Polifónica Moañesa.
  • Coro Chorima da Asociación de Mulleres de Moaña.

  
Igrexa de Nosa Sra. do Carme

domingo, 29 de mayo de 2016

Crónica do Concerto en Donas

              Bo  Concerto de Primaveira o celebrado onte en Donas.Un concerto que comezou cedo por mor do partido de futbol, aínda que eso  non mermou a asistencia de xente a Igrexa de Sta. Eulalia.
              Persoalmente penso que a nosa interpretación do Eli Eli, había sido mellor antes, cando quentábamos as voces.O estreo do Rodaballo, non estivo mal,aínda que penso que foi collendo moita   velocidade  a medida que se ia interpretando.
              No aspecto loxístico , e saudable facer un pouco de autocrítica.Non pode ser que se reserve un autobus de 50 plazas, para despois ocuparse 26.Houbera sido máis rentable reservar un microbus.Temos que tomar nota todos.Ser firmes nas decisións e non cambialas a destempo.
              Felicitacións as corais Val do Avia e Donas , polo seu traballo.Agradecemento a os  nosos amigos de Donas polas súa acollida e polas atencións recibidas.
O noso coro quentando voces
Coro Polifónica de Entenza

Igrexa de Sta. Eulalia de Donas

Coral Val do Avia



Coral Sta Eulalia de Donas

lunes, 16 de mayo de 2016

CONCERTO DE PRIMAVEIRA EN DONAS -GONDOMAR

         O sábado 28 de maio,participaremos no Concerto de Primaveira que se celebrará as 18:30 horas, na Igrexa parroquial de Sta.Eulalia de Donas.Estaremos na compaña da Coral Val do Avia de Leiro e a Coral Polifónica de Sta. Eulalia de Donas, organizadora do evento.

         

miércoles, 4 de mayo de 2016

Misa Virxe da Asunción - Entenza

Como ven sendo tradicional , o domingo 8 de maio as  11 da mañán  cantaremos a misa na honra da Virxe da Asunción en Entenza que se celebrará no torreiro da Capela da Ascensión.
Capela da Ascensión.

jueves, 28 de abril de 2016

Acto de apertura do Explurart.

            Foi unha ledicia asistir  acto de apertura de Explurart. Co Festival da Música e das Artes.Nas Ondas.Un fermosísimo concerto da Banda Sinfónica de CSMV de Vigo.Que serviu para poñer a proba a valía de dous novos directores.A primeira parte ca batuta do noso director se ofreceu un concerto adicado a os "Compositores galegos de hoxe" e rematou ca interpretación do tema O Temporal de Lois Amado Carballo.Onde membros dos coros de Guillade, O Coto, Entenza e tamén os rapaces do Coro Passionato de Tomiño.Acompañaron a Banda na interpretación.
           Foi un momento moi especial onde un tema  lento e triste como é O Temporal,evoluciona fantásticamente para transformarse en unha música alegre con aires de muiñeira.
           Parabéns a o noso director Javier Alonso Pérez polo seu traballo e traxectoria.
Un aspecto do auditorio.

lunes, 11 de abril de 2016

Crónica do Concerto no Porriño

                     Con dúas palabras quero definir o concerto celebrado o pasado sábado na Igrexa de Santa María de Porriño.Satisfacción e agradecemento.Satisfacción ao ver que o público case enche a igrexa e ao que tivemos que regalar dous temas ,para acalar os seus aplausos.Satisfacción nosa ao saber que fixemos un bo concerto ,como o demostra o aplauso final xeneralizado co público en pé.Satisfacción por cantar nun escenario cunha acústica formidable.
                   Agradecemento ao público en xeral e o noso alcalde en particular.Todos eles  gardaron o máis  absoluto silencio a propósito de que se gravaba un DVD. Ao cura párroco que xentilmente nos cedeu a igrexa.A Laura Barreiro que nos acompañou ao piano.Agradecemento moi especial a todos os membros do coro polo seu esforzo , pola súa implicación.Aos que colaboraron en tarefas lóxisticas e aos do Porriño que nos obsequiaron finalmente cun xeneroso ágape, tamén ao noso paciente e tenaz director.
                  Agora a esperar o resultado do traballo, que será  un DVD que nos servirá de recordo e que poñeremos a disposición de todos aqueles que o desexen.Parabéns!

miércoles, 6 de abril de 2016

Concerto en Porriño

      Para rematar o ciclo de concertos sacros deste ano.O vindeiro sábado 9 de Abril estaremos na Igrexa de Sta. María do Porriño.Será un concerto moi especial xa que aproveitaremos para facer o noso 1º DVD.Pica nesta nova do Faro de Vigo para ter máis información.


martes, 29 de marzo de 2016

Unha boa nova

             Fai caseque dous anos que Gerardo e Fina deixaran o coro.Daquela moitos de nos, sentimos a súa marcha e botamolos de menos.Como non iamos botar de menos a dous bos e xenerosos?.A súa aportación musical e humana era merecente de todo eloxio e o coro sin eles non era o mesmo.
             Aínda así, eu sei ben que eles sempre levaron o coro nun  lugar preferente do seu corazón, e en moitas ocasión viñeron a escoitarnos ou simplemente saudarnos.
             Hoxe é un dia de ledicia para o coro e para nos.Porque Fina e Gerardo voltaron.Sí sí, dixen ben , VOLTARON.É para estar ledos.
             Sei ben que para eles é un esforzo suplementario vir a cantar connosco , por eso dende este blog quero agradecelles a súa xenerosa decisión.
             Agardamos que se sintan en casa e que se sintan a gusto connosco.Pola miña parte non vai quedar.
Gerardo& Fina, grazas por voltar.Hoxe o Coro de Entenza e máis grande.
            
 

martes, 22 de marzo de 2016

Crónica dos concertos en Cabral e Bouzas

          Tivemos unha fin de semana de moita actividade  ca celebración de concertos sacros nas Igrexas de Sta. Mariña de Cabral e San Miguel de Bouzas.O do sábado en Cabral non estivo a o noso mellor nivel aínda que os asistentes , unhas setenta persoas, aplaudiron xenerosamente a nosa actuación.Queremos amosar o noso agradecemento a D.Avelino o párroco pola súa colaboración.Tamén un agradecemento moi especial para Fina e Gerardo,sempre dispostos a botar unha man.Nesta ocasión nos ofreceron un saboroso e xeneroso ágape.Moitas grazas!.
         Certamente tiñamos dúbidas e tamén certa preocupación en canto a conveniencia de programar o concerto de Bouzas.A afluencia de xente non estaba garantida.Era o domingo de Ramos, as 20 h 15m, xogaba o Celta.Por outra banda en Vigo aínda non todo o mundo coñece o noso coro ou escoitou falar das nosas virtudes.A favor tiñamos que era o único concerto sacro do domingo feito por un coro na cidade de Vigo.
        Pois ben.A Igrexa de Bouzas non estivo chea.Habería unhas cen  persoas, que disfrutaron plenamente do concerto.De tal xeito que o remate, os asistentes ergueronse das bancadas con unanimidade para bater as palmas.Non eran as palmas do domingo de Ramos, eran as palmas das mans que botaban fume.O Coro de Entenza xa é un pouco máis de Vigo.O ceo está máis cerca. Parabéns!.
        Expresamos o noso agradecemento a D. Luis , párroco de Bouzas pola súa colaboración.


Igrexa Parroquial de San Miguel de Bouzas

Igrexa Parroquial  de Sta.Mariña de Cabral

miércoles, 9 de marzo de 2016

Concertos de Música Sacra 2016

                 Xa son unha referencia na nosa axenda anual,a celebración de concertos de música sacra.Que nesta ocasión serán complementados con tres  temas de música galega lenta.
                 Este ano celebraremos tres concertos  que se levaran a cabo os días 19 e 20 de Marzo e 9 de Abril nas Igrexas de Sta.Maríña de Cabral, San Miguel de Bouzas e Sta. María do Porriño respectivamente.
                 Este será o repertorio:
                  

 1ª Parte
Signore delle cime - Giuseppe de Marzi
La Nuit  - Rameau
Stabat Mater - Zoltan Kodaly
Señor me cansa la vida - J.A.Garcia
Ave María - Julio Domínguez

2ª Parte
Ave Verum - Mozart
Benedicat Vobis -  Haendel
Canción do temporal - Amado Carballo
Morriña -  F.Vide
Negra Sombra - J.Montes -Rosalía Castro



lunes, 7 de marzo de 2016

Crónica do Concerto no Auditorio Mar de Vigo

           Inesquecible o concerto celebrado onte no Auditorio Mar de Vigo, por mor do X Festival de Habaneras e Polifónía Cidade de Vigo.Foi toda unha experiencia e unha inmensa ledicia cantar ante aproximadamente 1000 persoas.Que bateron as mans fortemente nas diferentes actuacións.Hoxe estamos moi ledos.
         A nosa actuacíon de onte non foi unha actuación máis,non pasou desapercibida e quedará na nosa memoria por moito tempo.As interpretacións de temas  como, Morriña, Negra Sombra o Suspiros, causaron a admiración do respetable.De tal xeito que finalizado o concerto o noso coro recibiu numerosas felicitacións e mesmamente varías proposicións para futuros concertos.Todo un  éxito.
           Dende aqui felicitamos a os coros que nos acompañaron, a os nosos amigos do Coro do Coto, A Coral María Auxiliadora,Coral Máximo Gorki e tamén a Coral de Valladares.Así mesmo expresamos o noso agradecemento a organización por ternos convidado.
Pica para ollar a nova no Faro de Vigo.

Un momento da nosa actuación

Un aspecto do auditorio

A nos vicepresidenta a piques de recibir un agasallo do Alcalde de Vigo


         

lunes, 22 de febrero de 2016

X Festival de Habaneras e Polifónia Cidade de Vigo

                 Por primeira vez estamos convidados a participar cas corais viguesas , no X Festival de Habaneras e Polifónía Cidade de Vigo que se celebrará no prestixioso Auditorio Mar de Vigo. A nosa participación será o domingo 6 de Marzo as 18 horas e compartiremos concerto cas corais: O Coto do Caraballal,María Auxiliadora,Máximo Gorki e a Coral do Centro Veciñal de Valladares.



martes, 5 de enero de 2016

Crónica do Certame Coral de Ano Novo.

                      Abofé que a música coral, non é a preferida dos salcedenses.Aconteceu que nun domingo de choiva ,a xente que acudiu a o auditorio municipal non correspondeu a cita como nos quixeramos.Aínda así , os que asistiron poideron escoitar temas de música variada na que non faltaron as panxoliñas.Todo grazas, as interpretacións dos 3 coros participantes.Que amosaron diferentes formas de entender a polifonía.
                      Coma sempre, a xente aplaudiu as diferentes actuacións.
                      Vaia o noso agradecemento  a Concellería de Cultura de Salceda pola organización do evento,es as corais convidadas pola súa participación.
Coral Trasdeza de Silleda

Coral Sta.María de Salceda

Coro Polifónico de Entenza

sábado, 2 de enero de 2016

Certame Coral de Ano Novo

             O vindeiro sábado 3 de Xaneiro , as 6 da tarde , participaremos no Certame Coral de Ano Novo , que vaise celebrar no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas.Estarán connosco a Coral Trasdeza de Silleda ea Coral Sta. María de Salceda.



domingo, 27 de diciembre de 2015

Crónica do Concerto de Corais de Nadal

                       O concerto celebrado onte no Centro Cultural de Entenza non foi un concerto máis.Foi un concerto da superación , esa foi a miña apreciación.Xa que ámbolos tres coros , tentaron de superarse para ofrecer o mellor de si mesmos.Abofé que acadaron o seu obxetivo.Foi unha ledicia apreciar a forza dun coro relativamente pequeno , como é a Coral de Soutomaior.Namentras que a Coral Fogar de Breogán de Lira amosou súa progresión.Parabéns para ámbalas dúas.Nos estivemos na nosa línea habitual.
                       En definitiva foi un concerto ameno,interesante e con sorpresa , grazas a que nos honrou coa súa presenza  o recoñecido músico e compositor Xosé Alfredo Oliveira.
Un momento da actuación do noso coro.
A Coral Fogar ed Breogán de Lira.

A Coral de Soutomaior en acción.

                     

martes, 15 de diciembre de 2015

Nova Xunta Directiva

                Na Asamblea celebrada o pasado día 9 de decembro, levouse a cabo a votación para nomear unha nova xunta directiva.Os asistentes votaron por unanimidade a favor da única candidatura presentada.
               A nova xunta queda establecida do seguinte xeito:
              
CARLOS PEREIRO FERNÁNDEZ presidente
JUAN CARLOS GESTO VIQUEIRA secretario
LAUREANO PÉREZ LEIRÓS EXPÓSITO tesoureiro
PAZ CASTIÑEIRA NÚÑEZ vicepresidenta
CARMEN NÚÑEZ ALVAREZ vocal
DOROTEA FERNÁNDEZ ALVÁREZ vocal
MERCEDES NÚÑEZ LORENZO   vocal











Síguenos por correo electrónico