Quickribbon Unha xusta homenaxe | Coro Polifónico de Entenza

BIENVENIDOS A NUESTRA PÁGINA

Somos un Grupo de Salceda de Caselas (Pontevedra) entusiasta de la música polifónica.
Nuestro objetivo es el enriquecimiento musical y humano facilitando el encuentro con grupos de Galicia , España o Portugal .Además de participar en bodas u otras celebraciones de carácter lúdico, religioso o benéfico.

Busca aquí las entradas por fecha.

viernes, 10 de abril de 2015

Unha xusta homenaxe

                       Despois de quince anos Amador deixa o coro.Así que é de xustiza adicarlle unhas máis que merecidas verbas de agradecemento e de cariño.
                       Agradecemento pola súa contribución musical.Él é un moi bo tenor que só faltou a algún que outro ensaio por causas de forza maior.Máis aínda.É moito máis  relevante a súa adicación silenciosa ao coro.O seu protagonísmo anónimo sen esperar nada en troco.Todo un exemplo!
                       Él sempre foi o primeiro en chegar o local de ensaio  para  con xenerosidade  poñer os tapices e as sillas correspondentes.
                       Tamén fixo de cociñeiro.A súas louvadas queimadas son recoñecidas por moitos coralistas que tiveron a sorte de catalas. Amador, o noso Mestre en Queimadas.
                       Pois sí, esta é a realidade deste compañeiro, desta gran persoa chea de humanidade e benquerida por todos.
                       Así que teño a certeza de que esta pequena homenaxe , tera o apoio dos bos e xenerosos, daqueles que buscan o ben do coro e non un protagonismo insensible ca realidade.
                       Paréceme que só fai falla un merecente agasallo de recordo, de cariño.Eu cho dou de boa gana con todo o meu cariño.Amador, moitas grazas!

                      
                      

0 comentarios: