Quickribbon Crónica dos concertos en Cabral e Bouzas | Coro Polifónico de Entenza

BIENVENIDOS A NUESTRA PÁGINA

Somos un Grupo de Salceda de Caselas (Pontevedra) entusiasta de la música polifónica.
Nuestro objetivo es el enriquecimiento musical y humano facilitando el encuentro con grupos de Galicia , España o Portugal .Además de participar en bodas u otras celebraciones de carácter lúdico, religioso o benéfico.

Busca aquí las entradas por fecha.

martes, 22 de marzo de 2016

Crónica dos concertos en Cabral e Bouzas

          Tivemos unha fin de semana de moita actividade  ca celebración de concertos sacros nas Igrexas de Sta. Mariña de Cabral e San Miguel de Bouzas.O do sábado en Cabral non estivo a o noso mellor nivel aínda que os asistentes , unhas setenta persoas, aplaudiron xenerosamente a nosa actuación.Queremos amosar o noso agradecemento a D.Avelino o párroco pola súa colaboración.Tamén un agradecemento moi especial para Fina e Gerardo,sempre dispostos a botar unha man.Nesta ocasión nos ofreceron un saboroso e xeneroso ágape.Moitas grazas!.
         Certamente tiñamos dúbidas e tamén certa preocupación en canto a conveniencia de programar o concerto de Bouzas.A afluencia de xente non estaba garantida.Era o domingo de Ramos, as 20 h 15m, xogaba o Celta.Por outra banda en Vigo aínda non todo o mundo coñece o noso coro ou escoitou falar das nosas virtudes.A favor tiñamos que era o único concerto sacro do domingo feito por un coro na cidade de Vigo.
        Pois ben.A Igrexa de Bouzas non estivo chea.Habería unhas cen  persoas, que disfrutaron plenamente do concerto.De tal xeito que o remate, os asistentes ergueronse das bancadas con unanimidade para bater as palmas.Non eran as palmas do domingo de Ramos, eran as palmas das mans que botaban fume.O Coro de Entenza xa é un pouco máis de Vigo.O ceo está máis cerca. Parabéns!.
        Expresamos o noso agradecemento a D. Luis , párroco de Bouzas pola súa colaboración.


Igrexa Parroquial de San Miguel de Bouzas

Igrexa Parroquial  de Sta.Mariña de Cabral

0 comentarios: