Quickribbon Crónica do Concerto no Porriño | Coro Polifónico de Entenza

BIENVENIDOS A NUESTRA PÁGINA

Somos un Grupo de Salceda de Caselas (Pontevedra) entusiasta de la música polifónica.
Nuestro objetivo es el enriquecimiento musical y humano facilitando el encuentro con grupos de Galicia , España o Portugal .Además de participar en bodas u otras celebraciones de carácter lúdico, religioso o benéfico.

Busca aquí las entradas por fecha.

lunes, 11 de abril de 2016

Crónica do Concerto no Porriño

                     Con dúas palabras quero definir o concerto celebrado o pasado sábado na Igrexa de Santa María de Porriño.Satisfacción e agradecemento.Satisfacción ao ver que o público case enche a igrexa e ao que tivemos que regalar dous temas ,para acalar os seus aplausos.Satisfacción nosa ao saber que fixemos un bo concerto ,como o demostra o aplauso final xeneralizado co público en pé.Satisfacción por cantar nun escenario cunha acústica formidable.
                   Agradecemento ao público en xeral e o noso alcalde en particular.Todos eles  gardaron o máis  absoluto silencio a propósito de que se gravaba un DVD. Ao cura párroco que xentilmente nos cedeu a igrexa.A Laura Barreiro que nos acompañou ao piano.Agradecemento moi especial a todos os membros do coro polo seu esforzo , pola súa implicación.Aos que colaboraron en tarefas lóxisticas e aos do Porriño que nos obsequiaron finalmente cun xeneroso ágape, tamén ao noso paciente e tenaz director.
                  Agora a esperar o resultado do traballo, que será  un DVD que nos servirá de recordo e que poñeremos a disposición de todos aqueles que o desexen.Parabéns!

0 comentarios: