Impresionante obra do director Juan Lois Diéguez, que na presentación da mesma o pasado venres fixo que o ateigado auditorio se quedara pequeno.Foi un fermoso concerto cheo de sensibilidade, de forza e de imaxinación que non esqueceremos.
A suite baséase nas sete parroquias de Salceda representadas na obra por sete movementos:
-Alborada dos "Mártires de Sobredo" (adicado a Soutelo) cos Gaiteiros Solistas da Banda Ismael e Abel.
-Pasodobre do Castro das Coruxeiras (adicado a San Xurxo) cos Grupos de Gaitas do Concello.
-Foliada da Casa-Grande (adicado á Picoña) coas "Donicelas".
-Canto de Cego sobre o Rancho de Reis (adicado a Sta.María)
-Pandeirada da Volta da Moura (adicado a Sto.Estevo de Budiño) con poema de J.M.Xespi.
-Muiñeira do Penedo da Cerdeiriña (adicado a Parderrubias) cos Grupos de Baile Tradicional do Concello.
-Alalá do Castelo da Turonia (adicado a Entenza) coas Corais Polifónicas de Entenza e Sta.María.
Parabéns a Juan Lois Diéguez compositor da obra, a J.M.Xespi polos seus versos e a súa presentación, a Banda de Música Cultural de Salceda e a todolos grupos participantes.
Unha ollada do esceario. |
1 comentarios:
Gracias por compartir
Publicar un comentario